PROCLAMACIÓN DO PRECANDIDATO ÚNICO VOTACION NAS ASEMBLEAS E ELECCIÓN DE COMPROMISARIOS

Ao amparo do disposto nos Estatutos Nacionais, o Regulamento Marco de Congresos e o Regulamento do XVIII Congreso do PPdeG, a Comisión Organizadora do Congreso na reunión de 29 de abril de 2022 acordou a proclamación de Alfonso Rueda Valenzuela como precandidato único á presidencia do PPdeG e adoptou as seguintes decisións:

1. Tendo en conta a coincidencia temporal entre este Congreso autonómico e varios Congresos locais (Santa Comba, Vedra, Ordes, Santiago de Compostela, Monfero, Ortigueira, Narón, Noia e Pontevedra), de que o Regulamento do XVIII Congreso do PPdeG, co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas afiliadas que desexan optar á Presidencia do PPdeG, fixou no seu número mínimo (90) as sinaturas requeridas para a presentación de precandidaturas e de que só se presentou un precandidato que recabou máis de 7.803 avais; por todo isto, e ao amparo do artigo 16.12 do Regulamento Marco de Congresos que dispón “En todo caso, si únicamente se hubiese presentado un precandidato, la consulta a los afiliados inscritos para que presenten su apoyo al referido precandidato no será necesaria”, a Comisión Organizadora do Congreso acorda que nas asembleas que terán lugar o 10 de maio de 16 a 20 horas só se establecerá unha urna para a elección de compromisarios, cando o número de candidatos supere aos compromisarios a elixir.

Polo tanto, no suposto de que o número de candidatos a elixir coincida co de compromisarios asignados, quedarán automáticamente designados, sen necesidade de celebrar a correspondente Asemblea.

2. A elección de compromisarios nas Asembleas efectuarase mediante lista aberta.

Cando menos 24 horas antes da celebración das asembleas, cada Comité Local terá a disposición dos afiliados inscritos unha papeleta na que estarán ordeados alfabéticamente os nomes dos candidatos a compromisario, sorteando a primeira letra.

En cada Asemblea constituirase unha Mesa composta por un presidente, secretario e vogal designados polo Comité Local e establecerase unha urna para a elección dos candidatos a compromisarios, que se levará a cabo marcando cunha cruz aos candidatos en número non superior aos elixibles.

No caso de que nesa asamblea, por decisión do Comité Executivo correspondente, tamén deban elixidos compromisarios de Novas Xeracións colocarase unha segunda urna específica de Novas Xeracións, cando o número de candidatos supere os compromisarios a elixir

Resultarán electos aqueles compromisarios con maior número de votos dentro do número asignado a cada asemblea.

Cada Mesa levantará acta dos resultados do escrutinio na que se recollerán:
– Os votos obtidos por cada candidato a compromisario
– A relación de compromisarios titulares e suplentes, co seu nome e apelidos, numero de DNI e de afiliado, dirección, teléfono e correo electrónico
– No seu caso, os incidentes que tiveran lugar, as reclamacións efectuadas e as resolucións adoptadas.

A relación certificada destes datos debe ser reenviada á maior brevidade posible á Comisión Organizadora do Congreso e, en todo caso, con data límite o 12 de maio.

 

Elena Candia López
Presidenta da Comisión Organizadora do XVIII Congreso do PPdeG