Queixas do Partido Popular de Arzúa por decidir o Alcalde de Arzúa presentar mocións, contra o PP, alterando acordos plenarios.

Dende o grupo municipal do Partido Popular manifestamos a nosa sorpresa pola decisión unilateral e sen base de legal de admitir por primeira vez neste mandato, mocións non urxentes, sen aprobarse a modificación en trámite do Regulamento de Organización Municipal (ROM).

Na Comisión Informativa de Asuntos do Pleno e Control de Xestión Municipal deste pasado luns xa amosamos a nosa queixa por esta acción, na que se presentaron sendas mocións de BNG e PSOE en contra da Xunta do PP, en temas de Medio Rural e Sanidade.

O noso grupo non foi advertido de que se levantaba a decisión plenaria de esperar á modificación do ROM, xa que a redacción actual que data na última revisión de 2012, non contempla mocións non urxentes. Debido a iso, se decidiu de forma unánime nun Pleno anterior facer unha nova redacción con cambios e novos artigos para dar entrada a este tipo de mocións.

Xa anteriormente presentamos a nosa queixa por mor da limitación a unha soa moción por Pleno Ordinario, de carácter bimestral, no borrador do novo ROM. Iso traduciríase nun máximo de seis ao ano, quedando as urxentes á mercé da aprobación da urxencia polos restantes partidos .

Advirte o portavoz popular Rafael Rivadulla que xa rexistrou a súa queixa e unha solicitude de informe sobre a base legal que ten a decisión do alcalde do goberno de AxA-PSOE, José Luis García.

Lembra Rivadulla que estamos en precampaña electoral das autonómicas, e parécelle pouco oportuno que logo de rexeitar as mocións presentadas por tódolos partidos de forma sistemática no seu novo mandato, casualmente admita agora no último pleno ordinario antes do 5 de abril, mocións dos outros partidos contra o Partido Popular.