XVIII CONGRESO REGIONAL PPG

A Xunta Directiva do PPdeG acordou o pasado 18 de abril convocar o XVIII Congreso do Partido Popular de Galicia, que se celebrará os días 21 e 22 de maio do 2022 en Pontevedra.

 

O Regulamento do Congreso establece que son compromisarios/as electos os designados polas organizacións locais nas asembleas convocadas para tal efecto. O reparto do número de compromisarios que lle corresponde a cada organización local foi aprobado en Xunta Executiva Provincial o 25 de abril.

 

O C.O.C acordou declarar automáticamente inscritos como participantes aqueles afiliados inscritos no derradeiro Congreso Nacional.

 

Os afiliados/as previamente inscritos como electores que queiran exercer o dereito a presentar a súa candidatura a compromisario, poden facelo cubrindo o correspondente formulario que está publicado nas páxinas web do PPdeG e do PP da provincia da Coruña (www.ppcoruña.es). Unha vez cuberto o formulario, o documento debe ser entregado na sede local correspondente ou envialo ao enderezo electrónico da sede provincial (corunya@pp.es) antes das 20 horas do venres 5 de maio. As persoas que forman parte da Xunta Directiva do PPdeG xa son compromisarios natos.

 

Unha vez rematado o prazo de inscrición de aspirantes a compromisarios terán lugar as asembleas para a elección de compromisarios. Haberá dúas urnas: 1º urna votarase ao candidato/a a Presidencia do PPdeG, e na 2º votarase aos candidatos a compromisarios. Ditas asembleas de votación faranse só no caso de que o número de aspirantes sexa maior que o de prazas.

 

As mesas de votación da provincia de A Coruña, no caso de ser necesarias, estarán situadas nas sedes locais de cada concello. Poden consultar ditas direccións na sede provincial.

 

A votación comezará ás 16:00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas do día 10 de maio. Cada Comité Local terá a disposición dos afiliados inscritos, como mínimo 24 horas antes da celebración da asemblea, unha papeleta na que os nomes dos candidatos a compromisario dese concello estarán ordenados alfabeticamente, a primeira letra elixirase baixo sorteo.

 

En cada asemblea constituirase una mesa, composta por un presidente, un secretario e un vocal. Resultarán electos aqueles compromisarios con maior número de votos dentro da cifra asignada a dito municipio. No suposto de que o número de candidatos a elixir coincida co de compromisarios asignados, quedarán automaticamente designados, sen necesidade de celebrar a correspondente asemblea.

 

Listado Compromisarios Pulsa Aquí para descargarlo