Últimas novas

Esteban Abeijón encabezará a lista do PP con obxectivo de recuperar a alcaldía no Concello de Cee

Esteban Abeijón Lema (Suiza, 1972) é o novo candidato do Partido Popular á alcaldía de Cee, unha designación refrendada polo partido tanto a nivel local como provincial. Así se deu a coñecer no acto celebrado hoxe en Cee, no que o secretario xeral dos populares na provincia de A Coruña, Evaristo Ben trasladou o respaldo da organización ao novo candidato e apelou á unidade e ao traballo conxunto para afrontar os retos electorais nacionais e locais dos vindeiros meses.  Na súa intervención, Ben quixo recoñecer expresamente o traballo feito por Jesús Picallo, de quen destacou a súa dedicación, o seu compromiso e o esforzo realizado durante a súa etapa á fronte do proxecto popular en Cee.   “Quero agradecerlle a Jesús o traballo realizado, o seu compromiso co partido e con Cee, e a dedicación que demostrou durante todo este tempo. Saber dar un paso ao lado cando chega o momento de abrir unha nova etapa tamén é unha mostra de xenerosidade e de compromiso co proxecto colectivo”, afirmou.   O dirixente provincial incidiu tambén que o PP de Cee afronta agora unha nova fase na que resulta fundamental sumar vontades, deixar atrás posibles diferenzas e traballar todos na mesma dirección.   “O importante é o proxecto, e o proxecto é Cee. Temos que estar unidos, apoiar a Esteban Abeijón e traballar xuntos, porque só desde a unión, a implicación e o esforzo colectivo poderemos alcanzar o obxectivo de gañar as eleccións municipais”, asegurou.   Neste sentido, Ben incidiu na importancia de manter un partido aberto á sociedade, capaz de incorporar novas persoas e ideas, escoitar as demandas dos veciños e ofrecer respostas aos problemas reais do municipio.   CON ILUSIÓN, RESPONSABILIDADE E MOITAS GAÑAS DE TRABALLAR    Pola súa banda, Abeijón indicou que asume esta responsabilidade coa vontade de fortalecer a organización, ampliar a súa base social e traballar desde a proximidade para chegar ás próximas eleccións municipais cun proxecto sólido e compartido.   “Comezamos unha nova etapa con ilusión, responsabilidade e moitas ganas de traballar por Cee. Queremos un partido aberto, no que todo o mundo poida achegar, participar e sentirse escoitado. O noso obxectivo é construír un proxecto de futuro para o concello, sumando esforzos e contando cos veciños”, sinalou o novo candidato.   Por último, Ben tamén puxo o foco na importancia das próximas eleccións xerais para o conxunto do Partido Popular. “As eleccións xerais son unha cita fundamental para o PP. Temos que chegar a elas co partido mobilizado, forte e unido, porque o traballo que fagamos agora tamén será importante para afrontar con garantías as eleccións municipais”, sinalou.   O dirixente popular incidiu en que a preparación dos diferentes procesos electorais require planificación, implicación e coordinación entre todas as estruturas do partido, tanto no ámbito nacional como no provincial e local.…
Ler máis...

Rubén Suárez repetirá como candidato do PP á alcaldía do Concello de Negreira

Rubén Suárez volverá ser o candidato do Partido Popular á alcaldía de Negreira nas eleccións municipais de 2027. O secretrario…
Ler máis...

O PP alerta do “grave descontrol financeiro” que existe no Concello” e critica o “absoluto abandono” no que se atopan as parroquias

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Camariñas alertou a través da súa voceira, Paula Mouzo, do “grave…
Ler máis...

Martín Suárez País será candidato del PP de Santa Comba a las elecciones municipales de 2027

Martín Suárez País encabezará la lista del PP de Santa Comba como candidato a la alcaldía en las elecciones municipales…
Ler máis...

O PP DE ARZÚA ESIXE AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE POÑA FIN Á INCERTEZA SOBRE A A-54 E FIXE DUNHA VEZ A DATA DEFINITIVA DA SÚA APERTURA

O Partido Popular de Arzúa reclama ao Goberno de España que deixe de adiar a finalización da autovía A-54 e…
Ler máis...

O alcalde de Outes traslada ao Conselleiro de Sanidade necesidades para a mellora a atención sanitaria no municipio

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, mantivo nos últimos días unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade,…
Ler máis...

O Concello de Outes agradece que a Xunta de Galicia reforce o firme da AC-196 ao seu paso polos núcleos de Seilán e Ponte Nafonso

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo, agradeceu á Xunta de Galicia, en concreto á Consellería de Vivenda e…
Ler máis...

El PP replica que “la Xunta cumplirá con Betanzos, a pesar de que la alcaldesa no hizo los deberes”

La portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular de Betanzos, Ceci Vázquez, respondió hoy a las valoraciones de la alcaldesa…
Ler máis...

O PP critica a “dobre moral” de BNG e PSdeG ao esixir investimentos da Xunta en A Coruña e esquecerse dos incumprimentos do Goberno central con proxectos importantes para esta cidade

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Roberto Rodríguez, criticou hoxe a “dobre moral” de BNG e PSdeG ao esixir…
Ler máis...

O PP di que é o Concello o que ten que xestionar o centro de día e recorda que a Xunta ofrece a colaboración con axudas directas aos usuarios

O grupo municipal do Partido Popular de Corcubión reiterou hoxe, a través do seu voceiro, José Domínguez, que é o…
Ler máis...

Deputados do PPdeG comproban a eficacia das barreiras vexetais colocadas pola Xunta para evitar o arrastre de cinzas aos ríos de Ponteceso

Os deputados do Grupo Popular Roberto Rodríguez e Paula Mouzo visitaron as parroquias de Corme-Aldea e Cospindo no concello de…
Ler máis...

O PPdeG anima aos afectados polos incendios forestais a solicitar as axudas da Xunta para recuperar no posible todo o que perderon

Os deputados do Grupo Popular Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez salientaron hoxe, nunha visita ao monte veciñal en man común…
Ler máis...

O PP esixe á alcaldesa que explique por que non informou das condicións adversas que había no mar o día que faleceu unha muller en Lires

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Cee esixiu no último pleno a través do seu voceiro, Jesús…
Ler máis...

Freire defende a súa xestión á fronte do Goberno e asegura que deixa o Concello nunha situación económica “moito mellor” que a que herdou

O voceiro do Partido Popular de Noia, Santiago Freire, volveu defender hoxe o traballo realizado polo seu equipo durante o…
Ler máis...

Jesús Picallo lémbralle á alcaldesa que a prestación do servizo de socorrismo é una competencia estritamente municipal

El portavoz del grupo municipal del Partido Popular en el Concello de Cee, Jesús Picallo, lembroulle hoxe á alcaldesa, Margarita…
Ler máis...

O PPdeG sitúa a rehabilitación integral do IES Alfredo Brañas de Carballo como unha mostra máis do compromiso da Xunta coa educación pública

O deputado do Grupo Popular e portavoz do PP en Carballo, Rubén Lorenzo, xunto á tamén deputada Ethel Vázquez afirmaron…
Ler máis...

O PPdeG pon a produción de pementos de Padrón como referencia de produto de prestixio e sustentable totalmente compatible co desenvolvemento industrial desta comarca

O deputado do Grupo Popular e portavoz do PP de Padrón, Ángel Rodríguez, acompañado da tamén deputada Carmen Pomar, visitaron…
Ler máis...

O PPdeG salienta o impulso ao turismo natural da comarca de Soneira-Costa da Morte que suporá a execución do plan de xestións dos penedos de Traba e Pasarela, nos concellos de Laxe e Vimianzo

Os deputados do Grupo Popular Paula Mouzo Mas e Roberto Rodríguez visitaron os penedos de Traba e Pasarela, nos concellos…
Ler máis...

Cecilia Vázquez anima aos comerciantes de venda de peixe e marisco fresco a participar no Bono Peixe impulsado pola Xunta

A deputada do Grupo Popular e portavoz do PP en Betanzos, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá a Pescadería Noli desta…
Ler máis...

O PPdeG salienta que a Xunta investirá este ano 129.000 euros en actuacións de mantemento e conservación de igrexas de Betanzos e Pontedeume

A deputada do Grupo Popular e portavoz do PP de Betanzos, Cecilia Vázquez, salientou hoxe que a Xunta destinará este…
Ler máis...

El Partido Popular califica de “vándalo” al alcalde de Oleiros

El alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acaba de denunciar la comisión de actos vandálicos en el municipio que afectan…
Ler máis...